Arrinca Festiferia, o primeiro evento feiral dedicado ao espectáculo que se organiza en Galicia

A feira é unha festa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Orquestras, animación de rúa, bandas de gaitas, luces, son, pirotecnia... Todo tipo de profesionais do mundo do espectáculo e da festa danse cita a partir da mañá no recinto feiral de Vilagarcía no marco de Festiferia. Este evento, que se celebra durante esta fin de semana pola primeira vez, quere reunir a todas empresas e traballadores do sector dando a coñecer as últimas novidades tecnolóxicas e as tendencias no campo do divertimento. Como non podía ser menos, o evento estará amenizado por actuacións musicais e escénicas.

Máis información en Festiferia.com; o noso tema sobre o mundo das orquestras

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Espectáculo, Animación, Culturagalega...