As principais orquestras de baile reúnense en Cea nun festival pioneiro

A cita terá lugar do 3 ao 5 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Unha gran berbena encherá Cea (Ourense) do 3 ao 5 de setembro. As orquestras son as protagonistas da nova aposta do Xacobeo, o Festival Internacional de Orquestras (FIOU). Baixo a fórmula de cinco concertos diarios repartidos en tres escenarios, formacións punteiras tan coñecidas como Sintonía de Vigo, Olympus con outras chegadas de francia (Orquesta National de Barbès) e Venezuela (Billo´s Caracas Boys) ofrecerán o seu repertorio ao público en xeral. O Xacobeo habilitará zonas de acampada de balde para facilitar a asistencia a este encontro que contarás con exposicións, coloquios, mercado e un making off do propio encontro.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Comeza en Vigo Verbenalia

A feira profesional centrada no mundo das orquestras achega actuacións musicais ata domingo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Exposicións, Caracas, Ourense...