Mauro Trastoy incorpórase a Atalaia

O artista inaugura hoxe venres a súa mostra 1+1+1+, no espazo santiagués FAC A Peregrina

20/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Mauro Trastoy. Cuadro para peinar. 2011. Bastidor, esteira e corda de cánabo, 80x40x10 cm. Cortesía do artista.

Mauro Trastoy incorporouse ao catálogo de artistas de Atalaia, o soportal de arte contemporánea de culturagalega.org. O artista inaugura hoxe a súa mostra 1+1+1+, no espazo santiagués FAC A Peregrina na que presentará un repaso polos seus últimos cinco anos de traballo, ata chegar á súa serie máis recente, os seus emblemáticos Cuadros para peinar. Nado en 1971 no Ferrol, reside desde hai anos en Santiago de Compostela. Formóuse na Facultade de Belas Artes de Salamanca, e disfrutou de bolsas e residencias artísticas nas cidades alemanas de Kassel (1994), e Passau (2006). A súa actividade expositiva comezou no principio dos anos 90 e desde entón vén desenvolvendo unha liña de traballo na que combina as achegas a unha persoal noción do debuxo e unha práctica escultórica na que conflúen aspectos do minimalismo e da arte povera. A través de materiais cotiáns -papel, madeira, papel, corda, arame-, e de estudos formais, de estruturas, módulos, repeticións e variacións, emerxen afinidades e contrastes entre o xeométrico e o orgánico, os microcaos da natureza e a orde interna do construtivo.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Belas Artes, Debuxo, Natureza...