Enrique Lista incorpórase a Atalaia

O artista conceptual achega a súa ollada crítica ao soportal de arte contemporánea

7/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Anuncio en La Región de Enrique Lista

O soportal de arte contemporánea Atalaia acaba de incorporar aos seus contidos o traballo do artista malpicán Enrique Lista. O traballo deste creador caracterízase por empregar o humor como arma para criticar e analizar a estruturas do sistema artístico actual, desde os aspectos económicos ata os procesos de difusión. Na súa obra atopamos propostas conceptuais como a publicación de anuncios en prensa ou a exposición pública de textos, sen esquecer propostas máis acaídas para a exposición. Logo de participar na última edición de ARCO coa galería Adhoc, para o vindeiro mes de maio prepara unha mostra no espazo compostelán Zona C.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Humor, Galería, ARCO

Claves

Entidades