Dan Graham pecha cunha conferencia a súa exposición na galería SCQ

É un referente na arte contemporánea pola súa obra e as achegas teóricas

10/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Unha das maquetas de Dan Graham que se inclúen na exposición

Dan Graham (Illinois, 1942), coñecido para o público galego grazas a unha mostra que lle dedicou o CGAC hai uns anos, pecha hoxe a súa ultima exposición na Galería SCQ baixo o titulo de Dan Graham now, Dan Graham. O seu traballo conceptual, que xoga cos límites entre a arquitectura e a escultura, puidose ver nesta mostra que exhibirá, catro maquetas así como outras obras deste creador. Hoxe, como colofón final, a galería tiña previsto un diálogo entre o creador americano e o artista novo danés, Jeppe Hein, que fixeron conxuntamente unha intervención para unha galería alemá. “Razóns persoais” segundo explicou a galería, converterán ese diálogo nunha conferencia de Dan Graham que falará sobre a súa obra e a arte contemporánea. Graham é unha referencia teórica e moitos artistas actuais incorporan conceptos das súas pezas nas súas creacións.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

22/01/2009

O xogo dos volumes

SCQ continúa apostando pola escultura coa exposición de Carlos Rial

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Arquitectura, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)