A RAG denuncia un recorte do 62% na asignación do Ministerio de Cultura

Ferrín confía en que os deputados galegos no Congreso introduzan "unha modificación parlamenta"

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Estado español busca recortar nun 62% a partida que destina á Real Academia Galega nos Orzamentos Xerais do Estado.

O recorte dos Orzamentos Xerais do Estado tamén afecta ao orzamento que o Estado asinga anualmente á Real Academia Galega. Se no anterior orzamento, a RAG recibiu un millón de euros, neste caso o borrador permite apreciar unha redución do 62% nos seus orzamentos. Ferrín sinalou a La Voz de Galicia que o financiamento autonómico tamén se rebaixou nun 28%. Para Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da RAG, estes orzamentos sitúan á RAG nunha "grave" situación e confían en que os deputados galegos no Parlamento consigan modificar os orzamentos.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Real Academia Galega, Méndez Ferrín, La Voz de Galicia