Ángel Cerviño incorpórase a Atalaia

É artista, escritor e comisario de exposicións

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ángel Cerviño. Spider. 2003. Mixta/lenzo, 55x46 cm. Cortesía do artista.

Ángel Cerviño. Spider. 2003. Mixta/lenzo, 55x46 cm. Cortesía do artista.

Ángel Cerviño (1956, Lezoce, Lugo) é o novo artista incorporado aos contidos da canle de arte contemporánea ATALAIA. Cerviño, ademais de artista, desenvolve tamén unha persoal traxectoria como escritor e comisario de exposicións. Publicou os libros: El Ave Fénix sólo caga canela -gañador do XV Premio de Poesía Ciudad de Mérida-, (DVD Ediciones, Barcelona, 2009), Teleprompter (Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2009), Kamasutra para Hansel y Gretel (Ediciones Eventuales, Madrid, 2007), e numerosos textos críticos ao redor das novas prácticas artísticas e a crecente tendencia á espectacularización da industria cultural, en revistas, catálogos e publicacións de arte contemporánea.De entre as exposicións comisariadas por Cerviño, cómpre salientar: TELEMPROPTER. Novas camuflaxes do pictórico (Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2009), e a recente CASUS BELLI + Refutación do contexto. Conflitos de recepción na arte contemporánea (Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 2011).

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un torrente creativo

Un torrente creativo

Unha exposición sobre arte e política abre unha nova etapa no Torrente Ballester

Novos territorios

Novos territorios

Artistas galegos exploran os límites da creación no Centro Cultural Torrente Ballester

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Atalaia, DVD, Poesía...