O legado cultural desde a Idade Media protagoniza o Curso de Primavera da USC

OH LVX! Vida e Letras Milenarias (Lugo 1012-2012) celebrarase na Cidade da Muralla entre o 1 e o 5 de maio

11/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

A linguaxe oral e literaria, a toponimia e o poboamento da área lucense, a arqueoloxía, a paleografía, a edición de textos, a análise das fontes nas investigacións históricas ou a conservación do patrimonio artístico son algúns dos ámbitos que se abordarán no VIII Curso de Primavera da USC. O encontro celebrarase en Lugo entre 1 e o 5 de maio baixo o título OH LVX! Vida e Letras Milenarias (Lugo 1012-2012). O legado cultural desde a Idade media será o eixe este encontro. As conferencias complementaranse con actividades como visitas a Mondoñedo, Lourenzá, Bretoña ou a propia Cidade da Muralla.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Idade Media, USC, Cidade da Muralla...