A bienal de Pontevedra non se celebrará en 2012

A Deputación anuncia a XXXII edición para o vindeiro ano

11/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Por vez primeira desde o seu nacemento en 1969 a Bienal de Arte de Pontevedra faltará este ano á súa cita. Segundo recolle hoxe Diario de Pontevedra, a deputada provincial Ana Isabel Vázquez, resposnable de cultura da Deputación, a causa da suspensión desta xeira débese aos traballos de musealización que están a sofrer os edificios do Museo que polo xeral acollen o evento. No entanto, adiantou que a edición correspondente a este ano, a XXXII, se posporá para 2013. A Bienal está considerada unha das citas artísticas de máis peso en todo o país, e conta polo xeralc unha nutrida presenza de creadores internacionais.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Diario de Pontevedra

Claves

Lugares