Sae á rúa o segundo DVD do programa Ben falado!

Compila 108 capítulos da segunda temporada deste microespazo da CRTVG

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaba esta mañá o DVD que recolle unha escolma da segunda temporada do programa Ben falado!. No mesmo, poden verse 108 capítulos dos 230 que compoñen a segunda temporada deste microespazo da CRTVG centrado na nosa lingua e que presenta e dirixe Xesús Ferro. A obra poderá adquirise en diferentes establecementos comerciais do país e distribuirase en centros de ensino e institucións que estudan a nosa lingua. Todos os capítulos do programa están dispoñibles de xeito íntegro no web da CRTVG.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, DVD, Valentín García, Política Lingüística...