A Mostra de Teatro de Ribadavia acada case 60.000 euros do Ministerio de Cultura

A súa partida redúcese en 5.000 euros con respecto ao ano anterior

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Ministerio de Cultura asignou 59.000 euros para a celebración da 28ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT). Segundo salientou a organización do evento, a MIT é "a única institución teatral galega cunha partida específica nos Orzamentos do Estado de 2012". A MIT contará con 5.000 euros menos que na edición anterior, e segundo a organización, "procurará equilibrar este retroceso xestionando outras partidas de ingresos" coas que se leva traballando desde hai meses en previsión do descenso.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con MIT, Teatro, Ministerio de Cultura, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia