O Ministerio de Cultura cuadriplica a súa achega á Mostra de Ribadavia

O festival de teatro recibirá 70.000 euros desta fonte de cara á súa vindeira edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:

Os orzamentos do Ministerio de Cultura contan por vez primeira cunha partida específica destinada á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O vindeiro ano, este festival recibirá unha achega de 70.000 euros, case catro vezes máis que os 20.000 que o evento conseguiu este ano desa mesma fonte. O alcalde desta localidade, Marcos Blanco e mais o concelleiro de Cultura, Anxo Collarte, amosaron onte a súa satisfacción por este incremento e chamaron á Xunta a seguir o exemplo e investir máis no festival.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Teatro, Mostra de Ribadavia, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia