Ribadavia presenta o programa da mostra de teatro cos ollos postos no seu 25 aniversario

María Bouzas é a pregoeira desta edición

O Castelo, a Igrexa da Madalena, a Casa da Cultura e as rúas e barrios de Ribadavia serán os escenarios da Mostra de Teatro, que este ano se desenvolve entre o 19 e o 26 de xullo. Unhas datas nas que os madrileños Teatro no Aire proporán un baño tradicional musulmán reservado exclusivamente para mulleres. Canda esta montaxe, Familie Flöz propón unha comedia negra de máscaras, Circolando unha performance poética e visual e Camut Band un hipnótico espectáculo de danza. Na edición deste ano inauguran a venda electrónica de entradas e, para a vindeira pretenden dar un “salto cualitativo”, asegurou o alcalde, Marcos Blanco, coincidindo coas vodas de prata desta mostra que marcou o nacemento do teatro galego profesional.

Programa a túa visita á Mostra de Teatro de Ribadavia 08 co dossier de obras.