Dende o 9 ao 27 de xullo haberá actividade teatral ininterrompida en Galicia gracias a dous dos certames máis lonxevos da nosa cultura. A trixésima sétima edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebrarase finalmente entre os dÃas 9 e 18 de xullo deste ano. A organización do evento ve de facer públicas estas datas , toda vez que a celebración prevista do 26 de xuño ao 11 de xullo quedara descartada polas circunstancias da crise sanitaria e as normas da “desescalada”. A recolocación deixa o novo comezo solapándose co que serÃa o anterior final da MITCFC por uns dÃas. Segundo recolle a Revista Galega de Teatro – Erregueté na súa web, o programa da MITCFC será menos internacional do habitual, máis enfocado nas producións galegas, aÃnda que se incluirán espectáculos de outras comunidades autónomas e algún estranxeiro, co que se cumprirá co nome do evento, no internacional. Ademais a Erregueté afirma que a Mostra reforzará as actuacións de rúa, un uso máis intensivo dos espazos abertos moi acorde coas recomendacións sanitarias. En todo caso o Auditorio manterase como epicentro da MITCFC aÃnda que coas limitacións e medidas precisas, segundo Erregueté.
A Revista Galega de Teatro informa tamén sobre as novas datas e enfoque da que será a 36ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Estoutra importante cita coa arte dramática celebrarase solapada no seu inicio co final da de Cangas, entre o 17 e o 27 de xullo, e estará previsiblemente moi centrada no teatro do Estado español, especialmente no galego, a través de estreas, coproducións e residencias artísticas, mentres a parte internacional queda reducida á mínima expresión. Tamén reforazarase o teatro de rúa e a MIT recollerá actividades relacionadas con diversos ámbitos do sector escénico, para axudar tamén á recuperación social e cultural, segundo avanza Erregueté. Nos próximos días coñecerase a imaxe desta 36ª edición e o programa completo darase a coñecer a finais do mes de xuño, nunha presentación que tamén será retransmitida en directo a través das canles oficiais do festival.