Diminúe un 15,7 por cento o orzamento do Ministerio de Cultura

O audiovisual e a música sufren os principais recortes

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A presentación do desglose dos Orzamentos Xerais do Estado verificou esta mañá que o Ministerio de Cultura contará en 2012 cun 15,7% menos fondos do que no anterior exercicio. O apartado de audiovisual, con 71,06 millóns de euros
(un 33% menos) e mais a música e artes escéncias, con 205,94 (un 24% menos fondos), son os que se ven máis afectados polas políticas de austeridade a nivel estatal. Esta diminución de fondos podería afectar a proxectos como o da Biblioteca Nodal de Vigo ou a recuperación de San Francisco en Ourense, dependentes deste departamento.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Ourense, Vigo

Claves

Lugares