A nova xeira de Galicia, Ceo das Letras, o ciclo literario do Gaiás, comezará o vindeiro 14 de abril cunha sesión dedicada a Celso Emilio Ferreiro. A Consellaría de Cultura anunciaba esta mañá o programa da edición, que repetirá o esquema dunha charla sobre cada autor e unha actuación artística baseada na súa obra. Otero Pedrayo, Castelao, Pardo Bazán, García Lorca, Jorge Amado e James Joyce completarán ata final de ano o programa.
Pola banda de especialistas nos distintos autores, está confirmada a presenza de Ramón Nicolás, Ramón Villares, Marina Mayoral ou Luis García Montero, mentres no apartado artístico contarase con Labregos do Tempo dos Sputniks, Ugia Pedreira e Marcos Teira ou Xurxo Souto. Como novidade,o ciclo contará cunha sección dedicada aos máis novos. O prazo de inscrición para asistir á primeira xornada está aberto no web da Cidade da Cultura.
PROGRAMA DE GALICIA, CEO DAS LETRAS
14 ABR - 12:00 CELSO EMILIO E A DIGNIDADE DA TERRA
12 MAI - 12:00 JORGE AMADO. DA NOSA VECIÑANZA IV
16 XUÑ - 12:00 PARDO BAZÁN OU A LUCIDEZ INDÓMITA
14 XUL - 12:00 JAMES JOYCE. DA NOSA VECIÑANZA V
20 OUT - 12:00 OTERO PEDRAYO. NOTARIO DE TODAS AS COUSAS
17 NOV - 12:00 FEDERICO Gª LORCA. DA NOSA VECIÑANZA VI
15 DEC - 12:00 CASTELAO. SÍMBOLO DE GALICIA