Cultura anuncia 2,8 millóns de euros para as artes escénicas

Inclúen a anunciada nova liña de axudas para celebración de festivais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A coincidir coas protestas do sector polo Día Mundial do Teatro, o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, anunciou hoxe que o seu departamento investirá 2.811.000 euros en axudas ás artes escéncias. Segundo Vázquez, o orzamento previsto mantén os niveis do pasado exercicio. Desta contía, preto da metade estará dispoñible en subvencións para a produción de montaxes de teatro e danza e para o mantemento da actividade das salas de teatro privadas. Inclúese tamén neste apartado as axudas para a distribución o asociacionismo profesional e o programa Crédito-Cultura, abertos tamén a outras industrias culturais.

De xeito paralelo, Cultura abre a anunciada convocatoria de subvencións para a organización de festivais tanto de artes escénicas como musicais, que disporán dun orzamento total de de 360.000 euros. Canda a isto, a Rede Galega de Teatros e Auditorios contará cun millón de euros, mentres a Rede Galega de Salas disporá de 100.000 para o seu funcionamento ao longo deste 2012.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Xesús Vázquez, Montaxes, Día Mundial do Teatro...