O portal Abert@s achega información sobre o ámbito cultural galego

Datos sobre toponimia, usos da lingua ou infraestruturas culturais están dispoñibles no web

26/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: comunicaciónsociedade
20 lecturas | Compartido 0 veces

A Xunta presentaba esta mañá o portal Abert@s, que publicará información de interese público da Administración en formatos abertos e estándar para o seu emprego pola sociedade. Entre os 250 documentos cos que inicia a súa actividade, o web conta cun feixe de contidos vencellados ao ámbito cultural. Deste xeito, desde a base de datos sobre toponimia, ata estudos sobre usos e coñecemento do galego, así como a xeolocalización de arquivos, bibliotecas e museos están dispoñibles na rede. Aínda que na maior parte dos casos estes datos xa eran de dominio público, a súa agrupación nun só web e a estandarización na súa presentación facilitarán a consulta.

Canda á información de ámbito cultural, o web achega tamén abondosos datos encol sectores como o turístico, educativo ou o ambiental con cartografía ou fluxos de novas sobre cada cuestión.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Museos, Lingua galega