A Xunta liberará información pública para favorecer o seu uso por cidadáns e empresas

A iniciativa insírese na filosofía Open Data que está a impulsar a transparencia nas administracións públicas

Segundo a filosofía que hai tras da idea dos Datos Abertos todo dato público debe ser accesible xa que os datos públicos son datos que non debe estar sometidos a límites derivados de protección da intimidade persoal, de seguridade ou outros dereitos preferentes. O Consello de Goberno da Xunta de Galicia ven aprobar hoxe a adopción desta idea e a súa materialización práctica a través dun portal Abert@a, que servirá como plataforma de acceso a un extenso catálogo de información xerada polas propias dinámicas da administración que agora serán postos a disposición pública con formatos adaptados para o seu manexo.

A administración autonómica vasca foi pioneira no Estado na adopción de medidas de Open Data creando en abril de 2010 o primeiro portal destas características poñendo a disposición de cidadáns e empresas datos de tipo xeográfico, meteorolóxico, recursos turísticos, estatísticas, procedementos administrativos e mesmo o listado de persoas desaparecidas durante a guerra civil e o franquismo. As primeiras informacións que se publicarán no portal Abert@s serán arredor de 40 documentos de diferentes áreas de información. Por unha banda, datos de interese social e negocios e comercios que aglutina información de carácter económico, turismo, emprego, ciencia e tecnoloxía, deporte, sanidade, rexistro de negocios e comercios, seguridade, educación e cultura. Por outra banda, aglutinará datos do eido da Administración pública como directorios e contratación pública. Unha terceira área de información sería a do eido da xeografía e o ambiente con datos sobre a produción enerxética en Galicia, indicadores ambientais, a calidade da auga nas praias, a pesca ou a meteoroloxía. Todos estes datos son susceptibles de ser usados por empresas para a creación de aplicacións ou para o desenvolvemento das súas liñas de negocio.