O Goberno central recuperará neste 2012 as Gándaras de Budiño

O investimento previsto é de 1,2 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente realizará ao longo deste ano unha serie de intervencións no contorno das lagoas das Gándaras de Budiño co obxectivo de mellorar a preservación do medio das pequenas lagoas e regular o acceso dos visitantes. Evitaranse os accesos a motor, construiranse pasarelas de madeira, prepararanse observatorios ornitolóxicos e deseñaranse itinerarios autoguiados. Tamén se recuperará a braña do Arroio e se eliminará a flora non autóctona.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Budiño, Goberno Central

Claves

Protagonistas
Entidades