O traxe a través do proceso do pan é o tÃtulo da exposición que acaba de abrir na Casa Galega da Cultura de Vigo e que dá comezo aos actos da celebración da Reconquista este ano. A exposición fai un repaso de traxes tradicionais de diario tal e como se empregaban hai douscentos anos, con vinte maniquÃes que amosan diferentes partes do proceso de cultivo do millo e da elaboración do pan. Canda a isto tamén se poderán ver vinte modelos en miniatura de traxes. A exposición, que se poderá ver ata o 8 de abril, inicia os actos da Festa da Reconquista de Vigo, que se celebrará entre o 31 de marzo e o 1 de abril.
Malia aos recortes que levaron a suspender algunha das tradicionais reprentacións da loita coas tropas napoleónicas da cidade, o evento medrou en solicitudes de participación e conta cun orzamento de 90.000 euros.
Precisamente, esta mesma mañá, o Consello da Xunta aprobou a declaración desta festa como de Interese TurÃstico Galego.