Vigo inicia os actos da Reconquista cunha escenificación da chegada das tropas de Napoleón

O 28 de marzo celébrase o bicentenario da vitoria sobre os franceses

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O 31 de xaneiro de 1809 entraron en Vigo as tropas napoleónicas. Unha celebración que a Asociación Veciñal do Casco Vello e o concello queren conmemorar mañá cunha dramatización diante do MARCO (ás 19:00 horas) que repetirán noutras zonas da cidade. Será a primeira vez que se celebra cunha escenificación e o punto de inicio dunha serie de actividades programadas para celebrar a Reconquista, o 28 de marzo, cando a revolta popular local conseguiu expulsar os franceses da cidade. O programa do bicentenario da Reconquista inclúe tamén unha exposición de grande formato no Museo de Castrelos e un simposio internacional sobre a Guerra da Independencia.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vitoria, Guerra, Museo de Castrelos, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)