Comezan os preparativos para celebrar o día da Reconquista en Vigo

O día R

Faltan aínda dous meses para que Vigo recree a expulsión das tropas napoleónicas da cidade, pero o Plano Comunitario do Casco Vello quere que todo esté listo. Por iso hoxe comezan os actos preparativos para que o 24 de marzo todo esté preparado para celebrar a rendición dos franceses. Én primeiro lugar, os veciños poderán facer un obradoiro de vestiario, en segundo lugar, un curso de artesanía. Todo para conseguir o "atrezzo" específico e esixible para participar nos actos que se están organizado para o día R, o da Reconquista.




Para os cursos


O día da Reconquista esixe un exclusivo uso de traxes de vigueses ou tropas napoleónicas. E para cumprir ese requisito imprescindible e para que non pille a nigúen desprevenido, desde o Plan Comunitario do Casco Vello organizaron obradoiros específicos para preparar este día. E o primeiro deles comeza hoxe e é, o de máis duración, e consiste no acondicionamento do vestiario. Todos os martes e o xoves (en horario de 17:00 horas a 19:00 horas) se poderán confeccionar as roupas para confeccionar os propios traxes de vigueses ou os de tropas napoleónicas.
Pero non é o único evento que se está a organizar desde o Plan Comunitario. Por este mesmo motivo o que todos os que estean interesados en participar na escenificación teatral que terá lugar o propio día da Reconquista (o 24 de marzo) deben incribirse antes do día 28 de febreiro. Será despois desa data cando comecen os ensaios preparativos do pasaxe histórico. Os días dos ensaios están fixados para o vindeiro día 2, 9, 10 e 22 de marzo.
Por último, a organización do evento pide a colaboración para varias cousas. En primeiro lugar, ós grupos de música e danza tradicional para que animen a festa coas súas cancións e bailes. E en segundo lugar, ós veciños a que participen no obradoiro de artesanía, no que se poñerán á venda productos elaborados de xeito artesanal, que se celebrará durante os días 23 e 24 de marzo no casco histórico vigués.












Actos de reivindicación


O día da Reconquista xa é unha data dunha festa asidua en Vigo. De feito, cada ano, na terceira semana de marzo se organiza unha festa con obradoiros e recreacións que pretenden homenaxear a derrota do exército napoleónico a mans dos vigueses. A representación comezará coa escenificación da agrupacións dos vigueses que comezarán a atacar a través da Porta de Gamboa, pola que asaltarán o castelo, que será cando logo dunha batalla se renderán os franceses. A escenificación continúa ata a Estación Marítima para despedilos.