Vigo comeza a Festa da Reconquista con obradoiros e recreacións

A batalla dos vigueses

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Vigo recrea a expulsión das tropas napoleónicas da cidade. Dende mañá e durante toda a semana, obradoiros de bailes tradicionais e bretón galegos e a recreación dun mercado de artesanía da época encheran as rúas da zona vella viguesa. O colofón: o día 28 coa xa habitual representación da expulsión dos franceses por parte dos galegos, representados por veciños dos rueiros olívicos.

Bailes bretóns e "agarrados" de aquí


De sete a dez da tarde, os que queiran aprender a bailar ó estilo bretón poderán facelo nos Obradoiros da Praza da Constitución. Os que non poidan acudir hoxe, terán outra oportunidade o domingo a partir das seis da tarde. Os que queiran aprender de bailes da casa, poden probar cos "agarrados", non teñen máis que pasar pola Praza da Constitución o sábado a partir das seis da tarde.




Os franceses e o tenente Almeida


O tenente Almeida foi un dos militares que coordinaron a resistencia viguesa á invasión. No instituto Camoens haberá o martes, ás 18:30 h. unha conferencia sobre a súa figura impartida por Paulo Sá Machado.
Pero sen dúbida, o día grande será o mércores, o Día da Reconquista. O exército de Napoleón tomará a de aquela vila de Vigo e o pobo rendirase. Non será durante moito tempo: os vigueses comezarán a organizarse, e asaltarán o castelo a través da Porta de Gamboa. A partir de alí, os franceses rendiranse e acompañarase ós franceses ata a Estación marítima para despedilos. Unha serie de animacións de rúa e solta de pombas serán os actos simbólicos pola paz que acompañarán o festexo.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Castelo

Claves

Conceptos
Lugares