Pouco despois da batalla de Elviña, os franceses non tardaron en sufrir un forte revés nas nosas terras. A rebelión popular, que acadou as súas maiores cotas coa reconquista de Vigo, mudou o signo da victoriosa campaña peninsular de Napoleón. A Cidade OlÃvica lembra os seus momentos máis heróicos cunha grande exposición no Pazo Quiñones de León.
Vigo lembra este ano con forza as xornadas nas que, hai 200 anos, a súa poboación expulsou das rúas o exército napoleónico. Unha grande exposición rememora aqueles feitos. “É a maior exposición temporal que se fixo no Museo Municipal, a ocupar toda a superficie do pazo Quiñones de León e mais o anexo expositivo do edificio”, explica Eduardo Rolland, xornalista, especialista na Guerra da Independencia e comisario da exposición.
A importancia
“Para moita xente, a sorpresa que atoparán nesta exposición será descubrir a trascendencia que tivo a Reconquista”, adianta. E é que “Galicia foi o primeiro paÃs de Europa que botou o exército imperial, que non coñecÃa aÃnda a derrota en terra”, nun prazo de só seis meses. No marco dese proceso, os feitos da reconquista de Vigo “moitas veces son considerados coma algo menor. Pero cando Vigo é recuperado convértese na cabeza de ponte dunha guerra que leva á liberación de toda Galicia e dá pé á batalla de Ponte San Paio en xuño de 1809. Debemos lembrar que logo daquel enfrontamento dous dos maiores mariscais de Napoleón, Soult e Ney tiveron que fuxir de Galicia”.
A batalla
“Os franceses chegan a Vigo o 31 de xaneiro, logo da batalla de Elviña, e poñen na cidade un gobernador militar, o comandante Chalot. Pero neses primeiros meses de 1809 érguense diferentes lÃderes que chaman á rebelión e en dous meses montan un cerco à vila”, lembra Rolland. Segundo as crónicas, a cidade albergaba 1.500 solados do exército francés, que contaban con reforzos dos tres mil homes que se atopaban en Tui ao mando de Lamartiniere. Arredor de Vigo, no entanto, apostábanse 5.000 galegos que conseguiron contar as vÃas de abastecemento dos franceses e provocar a súa rendición o dÃa 27 de marzo. Nese sentido, Rolland destaca o carácter popular da loita contra os franceses.“A xente loitaba pola súa vida, polas súas familias e pola súa liberdade”, lembra, “naquel momento non habÃa goberno nin autoridades. Creárase unha Xunta de Galicia que mesmo tiña embaixadores en Inglaterra”.
Como se venceu
O xeito en que unha tropa mal armada e organizada, como eran os voluntarios galegos daquel tempo lograron expulsar o exército máis temido da época en só seis meses é difÃcil de explicar para moitos. “Hai varias razóns, pero unha delas é que Galicia, coma Rusia, tamén ten o seu Xeneral Inverno. Obviamente aquà non é tan forte coma o que sufriron logo Napoleón e Hitler, pero cando os franceses chegaron a Galicia, entre xaneiro e marzo de 1809 tiveron que facer fronte a unhas condicións metereolóxicas moi adversas”, lembra Rolland. O xeito de se abastecer das tropas Napoleónicas, saqueando as poboacións do seu contorno, tivo moito que ver tamén na forte reacción popular que se deu naqueles meses. “Isto provocaba unha xenreira tremenda dos paisanos. DicÃase naquel tempo que un galego non facÃa o dÃa se non mataba un francés”, explica, “e contra iso é moi difÃcil loitar”.
As pezas
Para conmemorar estes feitos, a mostra do Pazo Quiñones de León compila pezas de moi diferentes orixes, algunhas delas nunca expostas ao público con anteioridade. A British Library, o Arquivo Histórico Nacional, o Museo Militar da Coruña ou o Arquivo Diocesano de Tui mestúranse con fondos propios do Concello. “Tentamos compilar as pezas que tivesen a ver coa Reconquista en Museos de todo o mundo. Pódense ver xornais da época canda a armas, uniformes, ou soldadiños de chumbo. Temos moito material e pensamos que conseguimos esgotar un pouco o tema e contar todo o que se pode contar sobre este feito”. Entre estas destaca, por exemplo o sable do mariscal Soult que é parte da colección propia do Museo Municipal e foi restaurado para esta exposición. “Abandonouno o propio mariscal cando foi para Portugal. Os camiños ata Tui eran tan malos que non puido levar a artillarÃa nin moitos enseres, e deixouno en vigo”, apunta o comisario. “Tamén son moi interesantes dous libros de defuntos da parroquia de Lavadores e outro da de Santa MarÃa de Vigo nos que se narran como eran asasinados os paisanos polos franceses”. Pezas de artillarÃa, uniformes, reproducións a escala da batalla ou o trabuco dun dos famosos mamelucos integrados no exército napoleónico son outros dos elementos que se poden ver no pazo vigués.
Mitos da guerra
Rolland agarda tamén que a mostra, alén de afondar no coñecemento histórico, permita tamén desfacer algúns mitos sobre a guerra da independencia. “Desde o primeiro momento, a historia da Guerra da Independencia foi manipulada. Primeiro polos absolutistas, que reivindicaban que a loita era polo rei absolutista e por un sistema ultraconservador. Eu penso que non, que foi unha loita popular”, explica. Por outra banda, sinala que “aÃnda hai xente que critica a loita contra os franceses, indicando que se tivesen gañado o paÃs estarÃa moito mellor. Debemos lembrar que Francia era un imperio e que é moi discutible que a súa victoria dese en mellores condicións. E que, como vemos en casos coma a Guerra de Irak, non se poden impor as ideas a sangue e lume”. Os interesados en saber máis sobre este perÃodo, non teñen máis que se achegar a Vigo antes do vindeiro 31 de marzo, participar no congreso que sobre esta cuestión se celebra os dÃas 12 e 13 ou participar nas recreacións que daquela época se están a facer na cidade cada fin de semana deste mes.