Os debuxantes galegos lembran a Moebius

A rede recolle homenaxes dos nosos creadores de banda deseñada ao xenio recentemente falecido

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Homenaxe a Moebius de Santy Gutiérrez

Homenaxe a Moebius de Santy Gutiérrez

O falecemento de Jean Giraud Moebius figura indiscutible da banda deseñada a nivel mundial, está a ecoar, com non, entre os creadores galegos. Deste xeito, son xa varios os autores, como Santy Gutiérrez, José Domingo e Kike Benlloch ou Miguel Porto, que contribuíron cos seus particulares homenaxes na forma de debuxos a través do web Luggage for the long journey of Moebius. O espazo foi promovido polo muradán Akeno Omokoto, e recolle contribucións deste tipo de todo o mundo. Canda a eles, o web Zona Negativa recolle as lembranzas de como entraron en contacto co falecido autores como Emma Ríos, Tirso Cons, Roque Romero ou o propio Akeno, entre outros.

Ilustración de Miguel Porto en homenaxe a Moebius
1/5
Homenaxe a Moebius de Santy Gutiérrez
2/5
A verdade sobre a viaxe mexicana de Moebius, de José Domingo e Kike Benlloch
3/5
Páxina de Memak de Carlos Portela e Fernando Iglesias
4/5
Moebius feito en Galicia
5/5

Tamén Javier Aguilera recollía no seu cadriño do Faro de Vigo o pasado domingo o pasamento do autor.

A pegada de Moebius na nosa BD, no entanto, pódese rastrexar máis atrás, como é o caso da traballada homenaxe que realizaron Carlos Portela e Fernando Iglesias coa inconclusa serie Memak. Na obra, publicada na fenecida Frente Comixario, Iglesias imitaba con precisión o debuxo do francés, mentres Portela apostaba por explotar un ambiente mestura de ciencia ficción e surrealismo en todo semellante aos mundos do falecido creador.

De xeito máis recente, Kiko da Silva apostaba por lle chamar O garaxe hermético, título dunha das obras fundamentais de Giraud ao seu proxecto de escola de banda deseñada, de próxima apertura.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Debuxo, Santy Gutiérrez, Roque Romero...