A rede entrevista autores galegos de BD

Miguelanxo Prado, Carlos Portela, Fausto e Kike Benlloch e José Domingo falan en diferentes medios

21/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A rede ínzase de entrevistas a creadores galegos de banda deseñada. En Historietas Podcast podemos escoitar a Miguelanxo Prado na presentación da mostra Viaje con nosotros na Casa Encendida de Madrid. Pola súa banda, Zona Negativa achéganos unha ampla entrevista con Carlos Portela encol de A conta atrás. Máis perto de nós, Galicia Hoxe fala con Fausto sobre o seu traballo editorial con El Patito. E desde Guía del Cómic os dous autores de Cuimhne, Kike Benlloch e José Domingo, desvélannos as claves desta obra.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Portela, Miguelanxo Prado, Kike Benlloch, Cómic...