Miguelanxo Prado e Das Pastoras, entre os autores galegos presentes na exposición El cómic de la democracia española

Galegos internacionais

A capacidade crítica da banda deseñada e o seu valor como arte contemporánea definen o contido da exposición "El Cómic de la Democracia Española (1975-2005/06)" que o escritor José María Conget organizou para o Instituto Cervantes. A mostra contén traballos de autores galegos como Das Pastoras, Miguelanxo Prado e o tándem formado por Kike Benlloch e Alberto vázquez. Inaugurouse no Museo da BD de Bruxelas, onde estará até o día 30 de decembro, antes de comezar un amplo calendario de itinerancia que a levará en 2006 a São Paulo, Rio de Janeiro, Nova York, Estocolmo, Londres ou Munich, entre outros destinos. Prado aportou, por desexo expreso do comisario da exposición, un orixinal de "Trazo de xiz". Das Pastoras enviou unha páxina de humor publicada na revista El Víbora, mentres que Benlloch e Vázquez contribúen coa páxina 5 do álbum "Freda", seleccionada polos propios autores.

Máis información na web do Instituto Cervantes