Nace unha plataforma a prol da radiotelevisión pública

A entidade presentouse esta mañá en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Nace unha plataforma a prol da radiotelevisión pública

O Centro Galego de Arte Contemporánea acollía esta amñá a presentación da Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega. A entidade, que conta coa participación de colectivos políticos, sindicais e culturais entre outros, ten a Lola Ferreiro e Cándido Pazó como voceiros, e reclama "medios imparciais, plurais e con control democrático por parte da cidadanía".

A recente modificación da Lei sobre a Compañía da Radiotelevisión de Galicia abre a porta, segundo este colectivo, a unha privatización encuberta do medio. O manifesto de presentación da Plataforma insta ao Parlamento a regular por lei a creación dunha autoridade audiovisual independente do goberno e chama a contar cunha radiotelevisión pública que, entre outras cuestións, "defenda a identidade nacional de Galiza", "promova a igualdade entre mulleres e homes", "dedique especial atención á infancia e á mocidade" e "estimule a participación democrática".

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cándido Pazó, Igualdade, Identidade, Mulleres...