"Hai que contar que, para alén de todos os recortes orzamentarios anunciados, haberá un ano perdido" no que respecta ao apoio público ao sector. Asà o anunciaba esta mañá Salva del RÃo, un dos voceiros da Plataforma das Artes Escénicas na rolda de prensa que a entidade daba esta mañá en Compostela. A derivación de pagos de axudas dun ano para o seguinte vai provocar de xeito inevitable, segundo a plataforma, esa paréntese. Segundo eles, isto supón que o sector escénico vai sufrir os recortes nunha maior medida do que outros ámbitos.
No encontro, os representantes da plataforma repasaron tamén os resultados da entrevista que mantiveron o pasado mes de maio con Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura, Juan Carlos Fasero, director de AGADIC, e Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego. Segundo lembrou Del RÃo, o encontor "supuxo un punto de inflexión" na relación coa administración da que saÃron "tremendamente desasosegados pola actitude, o talante e a falta de respostas" dos seus interlocutores.
Segundo denunciou, as institucións públicas non respectaron os acordos aos que chegaran co sector mediante conversas previas en cuestións como as convocatorias para festivais ou as axudas á distribución. Os representantes da plataforma sinalaron asimesmo que non conseguiron que se lles adiantasen as liñas de traballo do plan de artes escénicas nin obtiveron resposta á súa solicitude de dimisión de Fasero, entre outras cuestións.
A actual situación "fai inviables moitos proxectos" escénicos, segundo asegurou Del RÃo, quen reclamou a necesidade de garantir os cobros pendentes da administración no mesmo ano da concesión das axudas. Do mesmo xeito desde a plataforma denunciaron a desaparición de facto do programa Camiños da Cultura, que aÃnda non se convocou este ano, e mais a posibilidade de que a Feira das Artes Escénicas se integre no programa do Culturgal.
Pola súa banda, Pedro Fresneda, voceiros das salas independentes, anunciou a integración da Plataforma na iniciativa Cultura contra a mentira. Esta proposta, nada a nivel estatal, pretende que as reclamacións sectoriais deste ámbito se desenvolvan no marco das reivindicacións xerais da sociedade. "Trátase de que se coñezan os problemas especÃficos do sector, que son do cidadán, ao igual que o copago sanitario ou os recortes en educación. Queremos que a cultura actúe como altofalante das reivindicacións",lembrou Fresneda. Neste marco, o sector xa se manifestou o pasado domingo na convocatoria contra os recortes nos servizos públicos que se celebrou en Compostela.
Canda a isto, a Plataforma iniciará en breve unha campaña de sinaturas no sector para amosar a súa lexitimidade, xa que aseguran que, desde a administración ponse en dúbida a representatividade que teñen.