Xavier Villaverde estrea O sexo dos anxos

O director abre un concurso para que o público elabore o seu propio trailer

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival Internacional de Miami acollía o pasado día 4 de marzo a estrea mundial de O sexo dos anxos, o novo filme de Xavier Villaverde. O proxecto, que chega da man de Continental Producións e de Stop Line, é unha comedia sobre un trío amoroso protagonizado por Astrid Bergès-Frisbey, Llorenç González e Álvaro Cervantes. O filme foi xa seleccionado para a sección oficial do vindeiro Festival de Cine Español de Málaga. Dentro da campaña de promoción, o director convida ao público a participar nun concurso creando o seu propio trailer da película a partir e 70 planos e 3 cancións da mesma.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xavier Villaverde, Cine, Comedia, Málaga...

Claves

Protagonistas
Conceptos