Xavier Villaverde rodará en Barcelona a súa nova película, O sexo dos anxos

Astrid Berges, actriz que estará na cuarta entrega de Piratas do Caribe, protagoniza o filme

30/12/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
29 lecturas | Compartido 0 veces

Oito anos despois de dirixir a súa última película, Trece badaladas, Xavier Villaverde poñerá en marcha outro novo proxecto. Trátase de O sexo dos anxos, unha comedia romántica arredor dun triángulo amoroso, que revisa as normas sobre o amor, a identidade sexual, a amizade e os convencionalismos sociais. O filme, que comezará a rodarse en febrero en Barcelona contará no papel protagonista con Astrig Berger, actriz que acaba de participar na cuarta entrega de Piratas do Caribe. Esta produción de Continental conta co apoio do programa Ibermedia, do Fondo de coprodución Galego-Brasileiro do Consorcio Audiovisual de Galicia e da CRTVG (a través do chamando Plan de Cine).


Para saber máis

Universo culturagalega.gal

15/01/2002

Xavier Villaverde: ''un país coma Galicia está condenado a desaparecer se non ten unha imaxe propia''

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xavier Villaverde, Barcelona, Piratas, Comedia...