O semanario Tierras de Santiago pasa a editarse en galego

A publicación de Editorial Compostela distribúe 30.000 exemplares en 26 concellos

12/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: linguacomunicación
28 lecturas | Compartido 0 veces

Terras de Santiago é a nova cabeceira coa que, a partir de mañá, sairá á rúa o semanario Tierras de Santiago. Un acordo entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Editorial Compostela, responsable do medio, permitirá que a publicación saia en adiante cun maior número de contidos en galego. Segundo os datos da editora, que tamén é responsable de El Correo Galego, o semanario gratuito distribúe 30.000 exemplares en 26 concellos da comarca.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, O Correo Galego