“Terras de Santiago” convértese no primeiro semanario gratuíto dun grupo de comunicación galego

Semanarios e suplementos

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
“Kalaikia” e “Terras de Santiago” son dúas publicacións periódicas novas. Por unha banda “Kakaikia” trátase do suplemento cultural do periódico “A peneira” (de 12 páxinas) que terá unha periodicidade quincenal. O primeiro número terá unha reportaxe sobre a sede da Fundación Caixa Galicia desde o punto de vista arquitectónico, outro sobre banda deseñada, a sala Capitol e unha entrevista a Nacho Abia. Da outra banda, “Terras de Santiago” é o primeiro semanario gratuíto do Grupo Correo Gallego que se difundirá cada martes nos centros públicos, locais comerciais e caixas de correo das principais rúas de 24 concellos próximos a Santiago. Contará cunha tiraxe de 30.000 exemplares e conta cun equipo de dez redactores e cinco fotógrafos.

Máis información sobre o semanario Tierras de Santiago e no web de A Peneira

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Kalaikia 30

Quiosco: Kalaikia 30

A nova fotografía galega ocupa a capa do suplemento cultural de A Peneira

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Peneira, Banda deseñada, Sala Capitol, Fundación Caixa Galicia