Caixa Galicia asina un convenio para crear unha cátedra de novas tecnoloxías en Vigo

Unidos polas TIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Caixa Galicia achega o capital económico e a Universidade de Vigo as infraestruturas e o equipo humano. Desta alianza sairá a cátedra Fundación Caixa Galicia que terá como finalidade contribuír a divulgar as novas tecnoloxías da información e da comunicación. Por outra banda, relacionado coa implantación da Sociedade da Información en Galicia, o operador de cable galego, R, deu outro paso importante para consolidar o seu proxecto. Foi a sinatura dun préstamo por 220 millóns co que creará a última fase da súa rede, que estenderá os seus servizos ata o 2008, afectando a 40 municipios galegos.

Máis información sobre o convenio de Caixa Galicia en El Correo Gallego e sobre R no seu web e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, El Correo Gallego, Fundación Caixa Galicia, Universidade de Vigo...