EME2 Teatro chega con Kafka

Kafka e a boneca viaxeira obtivo o premio á mellor iluminación na feira FETEN

6/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatro
17 lecturas | Compartido 0 veces

Escena de Kafka e a boneca viaxeira

A versión en castelán de Kafka e a boneca viaxeira que a compañía EME2 estreou no festival FETEN de Xixón saldouse cun éxito. O grupo galego obtivo o premio á mellor iluminación neste evento especializado en público infantil e xuvenil. O proxecto, dirixido por Cristina Domínguez e Fernando Bernués adapta un texto de Jordi Serra i Fabra no que se conta o encontro entre Kafka, interpretado por Xosé Manuel Olveira Pico e mais unha nena nun parque de Berlín.
No proxecto destaca o feito de ser unha produción entre tres compañías, Eme2, a valenciana Albena e mais os vascos Tantakka. A iniciativa permitirá que a obra se poida representar nas catro linguas oficiais do Estado, compartindo escenografía e boa parte do equipo técnico.

Os interesados en coñecer a representación poden facelo esta mesma tarde no Pazo da Cultura de Pontevedra no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal