A Deputación de Ourense convoca dez bolsas para estadías en Angoulême

Están destinadas a profesionais da animación e da banda deseñada

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Logo do Pôle Image Magelis

Logo do Pôle Image Magelis

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense recolle hoxe a convocatoria do concurso público para a concesión de dez bolsas para estadías formativas en Angoulême (Francia). As axudas están destinadas a profesionais da animación e da banda deseñada que poderán visitar durante catro días esta esta localidade, onde terán encontros con directivos do Polo de Imaxe Magelis, visitas a empresas e escolas de animación, así como á Maison des Auteurs e ao Museo da Banda Deseñada.

A liña de bolsas, que ten cun orzamento de 16.000 euros fai parte do proxecto Imaxina Atlántica de intercambio de profesionais a nivel europeo e conta co apoio dos fondos FEDER. Os beneficiarios terán cuberto o transporte, aloxamento e manutención durante a súa estadía.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Banda deseñada, Angoulême, Deputación de Ourense...