Martín Romero gaña a bolsa Alhóndiga Bilbao de banda deseñada

O galego pasará un ano na Maison des Auteurs de Angoulême

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Un ano de residencia en Angoulême, con acceso aos recursos da prestixiosa Maison des Auteurs e mais unha paga mensal para desenvolver un proxecto de banda deseñada. Estes son os apoios que acaba de conseguir o galego Martín Romero ao imporse entre os 40 participantes na bolsa Alhóndiga Bilbao. Romero fora galardonado co primeiro premio do certame GZ Crea de 2008 e colaborou con diferentes fanzines e publicacións nos últimos anos.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Martín Romero, Banda deseñada, Bilbao, Angoulême...

Claves

Protagonistas