O galego Martín Romero participa nas 24 horas de Angoulême

Tamén Lola Lorente fixo parte da actividade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Le Plus Grand Moñiga é o título da historia coa que o galego Martín Romero participou esta fin de semana nas 24 horas de Angoulême. A actividade, que se desenvolve no marco deste festival francés, esixe a realización dunha BD nese tempo e cunhas condicións determinadas, que desta volta eran facer unha historia muda e que se desenvolvese nun museo. Romero Participou formando dúo creativo con Clara Tanit baixo o nome Canela Fina. Tamén Lola Lorente, valenciana residente na Coruña e gañadora do segundo premio na última edición do GZ Crea participou no evento, canda a outros 86 autores profesionais. As dúas historias poden verse no web do Festival de Angoulême.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Angoulême, Martín Romero, A Coruña, Lingua galega...