Martín Romero faise co premio GZ Crea de BD

Lola Lorente e Jerónimo Piñeiro tamén foron recoñecidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Martín Romero faise co premio GZ Crea de BD

O home do saco é o título da obra coa que Martín Romero, nado en Boiro pero residente desde hai anos en Barcelona, conseguiu o 3.000 euros do premio GZ Crea de Banda Deseñada. Os 1.500 euros do segundo posto foron para Ventrílocuo da alicantina Lola Lorente, residente na Coruña, mentres que Jerónimo Piñeiro, de Pontedeume, obtivo 1.000 pola súa obra Carta dende a fronte. O xurado fixo unha mención de honra a Diego Campos polo seu traballo Que ben se está en todas partes. A entrega de premios desenvolverase durante as vindeiras Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que se celebrarán o vindeiro mes de outubro.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Martín Romero, Banda deseñada, Pontedeume, Ourense...