Desde mañá e ata o vindeiro 2 de marzo, as empresas galegas Continental Producciones, Ficción Producciones, Moonbite Games&Animation e Zoa Media participan no Rio Content Market. A iniciativa fai parte do programa de internacionalización do Clúster Audiovisual en colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica. No evento, as empresas galegas explorarán as posibilidades de se introducir no mercado de Sudamérica e mais as tendencias no mesmo. Canda a isto, Mar Varela, xerente do Clúster, reunirase coa directora de Brazilian TV Producers, para explorar vÃas de colaboración entre ambas entidades e abrir canles de cooperación permanentes entre produtoras dos dous paÃses.