O concello de Poio homenaxeará a Leopoldo Nóvoa

O pintor falecía o pasado xoves en París

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O coñecido pintor Leopoldo Nóvoa falecía o pasado xoves 23 en París aos 91 anos de idade. O artista, considerado un dos máis importantes nomes vivos da arte galega da emigración, canda a nomes coma Seoane ou Colmeiro, levaba varios días ingresado nun hospital da capital francesa. O seu corpo será incinerado este xoves, 1 de marzo, e a familia anunciou que en maio esparexerán as súas cinzas en Raxó, concello de Poio, nas proximidades da casa onde adoitaba pasar as vacacións.

A Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó e mais o Concello de Poio xa anunciaron a súa intención de celebrar para entón unha homenaxe ao desaparecido artista. O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, amosou o seu pesar "e o de todos os galegos" polo falecemento e apuntou o recoñecemento internacional que conseguiu Nóvoa. Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, Luciano Sobral, alcalde de Poio ou Miguel Anxo Fernández Lores, rexedor de Pontevedra, amosaron o seu pesar.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Poio, Colmeiro, Miguel Anxo Fernández, Deputación de Pontevedra