O Consello da Xunta desta mañá deu luz verde á folla de ruta para a execución da
segunda fase do seu Plan de Racionalización da Administración paralela. Os técnicos e auditores da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa analizaron un total de 55 entes, pertencentes a departamentos da Xunta de Galicia. Tras esta auditorÃa a Xunta decidiu extinguir ou reformular 25 organismos e nos restantes 30,aplicar un paquete de melloras para buscar unha maior eficacia e eficiencia.
AsÃ, o acordo ratificado hoxe polo Consello da Xunta prevé a extinción entre outros do Instituto Galego de Cooperación Iberoamericana (Igaci); a Fundación Mar de Galicia; Centro de Supercomputación de Galicia S.A. (Cesga); Consello da Xuventude de Galicia; Consorcio Audiovisual de Galicia; Turgalicia e o Instituto de Estudos TurÃsticos. Por outro lado serán obxecto dunha profunda reformulación entes como a Sociedade Anónima de Xestión Plan Xacobeo. O acordo tamén prevé o mantemento con melloras do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI); Fundación Galicia Europa; Fundación Instituto Feiral da Coruña (Ifeco); Fundación Instituto Feiral de Vigo (Ifevi); Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada; Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense). Finalmente, tamén continuarán a Fundación Cidade da Cultura e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Segundo estima o goberno de Núñez Feijoo estas 55 extincións ou modificacións suporán un aforro de entre cinco e seis millóns de euros ás arcas públicas. O alcance laboral destas decisións non foi estimado aÃnda oficialmente.