O Xatcobeo xa está en órbita

A Axencia Espacial Europea informa do éxito do lanzamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:
Infografía do mini-satélite

Infografía do mini-satélite

A Axencia Espacial Europea vén de anunciar na súa conta oficial de Twitter o éxito das operacións de posta en órbita do primeiro satélite galego, o Xatcobeo, desenvolvido por profesores e estudantes da Universidade do Vigo. De feito, o principal obxectivo do novo satélite é educativo. "Profesores, investigadores con experiencia e estudantes terán unha oportunidade única para mellorar as súas capacidades en electrónica, enxeñaría de comunicación ou desenvolvemento de software". O Xatcobeo puido ser lanzado dentro dun proxecto da Axencia Espacial Europea e os radioafeccionados poderán escoitar o seu sinal no 437.365 Mhz.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Twitter, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares