O MARCO ao vivo

O centro abre Presenza activa, un programa de performances que se poderá seguir pola rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo inicia hoxe unha xeira de tres días de intensa actividade. Presenza activa. Acción, obxecto e público abre ás doce desta mañá presentando un programa que busca a conexión entre performances e intervencións. O proxecto conta coa participación de Maja Bajević, John Bock, Gary Hill, Thom Kubli, Mads Lynnerup, Alastair MacLennan, Sergio Prego, La Ribot, Carlos Rodríguez-Méndez e SUE-C+AGF.
O proxecto, feito en colaboración co LABoral de Xixón, pode seguirse a través do web do museo, onde xa se poden ver vídeos do making of dalgún dos proxectos.

Iniciativas como a performance Record Attempt consistente en tentar bater a marca mundial de tocar a guitarra emitiranse directamente ao vivo, mentres outras das actividades iranse publicando na rede logo se gravar. A iniciativa está comisariada por Sergio Edelsztein & Kathleen Forde, e a organización solicita a participación do público, fundamental para o desenvolvemento das actividades.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xixón, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)