Martín Códax abre as súas adegas á arte contemporánea

Agora! é un proxecto que ofrecerá intervencións durante o verán

6/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Desde a súa creación as adegas Martín Códax amosaron unha sensibilización á cultura. Neste espazo se fixeron concertos, presentacións, diferentes tipo de actividades... desta volta Martín Códax prepara Agora! . Trátase dun programa de intervencións artísticas nos seus espazos a cargo de creadores galegos de primeiro nivel na arte contemporánea como son Jorge Perianes, Carlos Maciá e Kiko Pérez. A terraza e o túnel de barricas son os espazos elexidos para unha actividade que se abre ao público mañá coa proxección do filme documental À propos de Nice, do coñecido cineasta francés Jean Vigo, coa interpretación que o acordeonista Carlos Quintá realiza en directo da música composta por Marc Perrone.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares