A galería PM8 participará na prestixiosa feira londinense Frieze

A iniciativa continúa a súa proxección con presenza en diferentes eventos internacionais

A prestixiosa feira internacional de arte Frieze London conta na súa nova edición con presenza galega. A galería viguesa PM8 estará presente neste evento, que abre as súas portas en outubro, na sección Live, dedicada ás performances, nun proxecto en colaboración coa Galeria Jaqueline Martins de São Paulo. Alí poderá verse a peza Para um corpo..., da serie Hábito/Habitante de Martha Araújo. A galería viguesa xa estivo presente este ano en Arco e na pasada edición de Artíssima, en Turín. Para 2016 tamén ten prevista a súa presenza no Art O Rama 2016 que se celebrará en agosto en Marsella e no que xa participou en anteriores edicións.