Arrinca en Vedra unha nova edición do seu programa audiovisual, o LAV012

Arrincan cinco cursos e estrearanse tres curtametraxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É a primeira das dúas fins de semana coas que Vedra pretende dinamizar esta zona cun programa audiovisual que contempla desde o aspecto formativo ata o de exhibición. No que atende ao primeiro, comezarán con cinco cursos (Animación stop motion, O intérprete diante da cámara, Postprodución dixital, Iniciación ás
curtametraxes para o alumnado de ESO e Interpretación na dobraxe). Da outra, entre as proxeccións figura a estrea de tres traballos. Canción de Ninar, un drama dirixido por Martín Rodríguez, Noutra pel é unha curta resultante dun taller de cine impartido por Margherita Morello, sobre unha idea de Mª Jesús Picallo Ferreiro. Pechan as proxeccións, Xeira un drama rural centrado nuns personaxes marcados pola traxedia. Escrito e dirixido por Marisa Otero.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, Animación, ESO, Cine

Claves

Conceptos
Lugares