Xerais supera os dez millóns de volumes vendidos desde o seu nacemento

O Pequeno Dicionario Xerais, con máis de 350.500 exemplares lidera as vendas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Desde a súa fundación en 1979 ata o feche do exercicio 2011, Edicións Xerais vendeu 10.103.409 exemplares. Así o anuncia hoxe a editora, que apunta que o Pequeno Dicionario Xerais segue a ser a estrela da firma, con máis de 350.500 exemplares vendidos desde a súa aparición. Canda a isto, a editora sinalou que no pasado ano editaron 125 novos títulos e fixeron 105 reimpresións. Dos lanzamentos de 2011 foron Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz, con 3.500 exemplares, e o volume de contos completos de Manolo Rivas, con case 4.000, os títulos que conseguiron máis vendas.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Agustín Fernández Paz, Manolo Rivas, Contos...

Claves

Entidades
Conceptos