A Academia do Cine elimina a O mago dubidoso da candidatura dos Goya

A decisión é inapelable e foi tomada por unanimidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A suspensión cautelar de The Little wizard. O mago dubidoso da produtora galega Deboura facía sospeitar o que onte confirmou a Xunta Directiva da Academia de Cine, que a cinta non estará finalmente na loita polos Goya na categoría de mellor longametraxe de animación. A produción foi eliminada por “incumprimento das bases de participación” tal e como figura no web da Academia de Cine. A decisión tomouse nunha Xunta Directiva desenvolvida onte está tomada por unanimidade e é inapelable. De tal xeito, as finalistas nesa categoría son Engurras, Cartago Nova e Papá, son unha actriz. A gala de entrega dos premios terá lugar o vindeiro 19 de febreiro.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Animación, AVG, Culturagalega

Claves

Entidades
Conceptos